FORGOT YOUR DETAILS?

Na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña consideramos de especial interese desenvolver un traballo de transmisión á sociedade da importancia do sector lácteo a nivel económico, social e medioambiental. Neste senso estase a traballar na “Aula de Divulgación do Sector Lácteo”. Recibimos visitas de escolares, consumidoras e consumidores e calquera persoa interesada en coñecernos.

Preténdese con isto achegar os sectores consumidor e productor e dar a coñecer o funcionamento dunha granxa, cómo se alimenta o gando, onde descansa, cómo se muxe e cómo se transforma o leite. Servirá tamén esta granxa e a Aula como centro de formación continua para persoal técnico das explotacións e de asesoramento. Para iso organizamos xornadas técnicas e divulgativas.

TOP