FORGOT YOUR DETAILS?

Na CAP entendemos que a práctica é un estupendo xeito de aprender. Foi por iso que no 2009 asumimos a xestión directa dunha granxa no concello de Miño (A Coruña). Así naceu Granxa O Cancelo, un proxecto para traballar a prol do sector lácteo. Producimos leite aproveitando os recursos da nosa terra e queremos ofertar un producto local e diferenciado.

Granxa O Cancelo é un proxecto integrador que pretende conectar directamente a productoras e productores con consumidoras e consumidores, sen intermediarios. Non se trata dunha granxa productora de leite máis. Utilizamos técnicas de producción que nos permiten obter os mellores rendementos garantindo un uso responsable e sostible dos recursos, o benestar das nosas vacas e as boas condicións de traballo para as persoas.

Mais tamén facemos unha tarefa de formación de persoal técnico, colaboramos con outras empresas, con centros de investigación e universidades e desenvolvemos un labor divulgativo para dar a coñecer ás consumidoras e consumidores cómo se produce o leite que consumen e a importancia deste sector para o noso País.

Granxa O Cancelo é un soño feito realidade. É unha mostra máis da aposta da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña polo sector lácteo galego e polo desenvolvemento do medio rural.

TOP