FORGOT YOUR DETAILS?

A Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, para as amigas e amigos CAP, é unha cooperativa de 2º grao, é dicir, que agrupa a cooperativas gandeiras da provincia da Coruña.

Foi constituída en marzo de 1980 e ten a súa orixe nas antigas “UTECO”, unións territoriais de cooperativas. Nos seus estatutos recóllese a prestación de servizos a explotacións para favorecer a súa mellora técnica e os seus rendementos.

Nesa liña van todas as actuacións do Consello Rector e do equipo técnico: desenvolver un labor de mellora e dignificación do traballo nas explotacións gandeiras e divulgación da importancia social e económica do sector lácteo na Galiza en xeral e no noso medio rural en particular.

TOP