FORGOT YOUR DETAILS?

Servizos a Explotacións

Entre as actividades que desenvolve a CAP actualmente está o servizo de Asesoramento Técnico- Económico e de Xestión de Explotacións.Tamén se colabora co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e con centros de ensinanza e de formación de persoal técnico (Escola Politécnica Superior de Lugo, EFA Fonteboa).
Servizos a Explotacións

Entre as actividades que desenvolve a CAP na actualidade está o servicio de Asesoramento Técnico- Económico e de Xestión de Explotacións. Así mesmo tamén se teñen desenvolvido e se desenvolven colaboracións có Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, e con centros de ensino e formación de persoal técnico (Escola Politécnica Superior de Lugo, EFA Fonteboa).

Mostras de terraDesde finais do ano2008 a CAP está rexistrada como Entidade de Aconsellamento e Xestión para orientar ás explotacións na implantación do Contrato de Explotación Sustentable para o desenvolvemento dunhas prácticas agrarias eco-compatibles e sostibles economicamente. Tamén desde o 2008 se está a ofertar un servicio de Substitución para dar resposta a unha das demandas do sector, fundamental para mellorar a calidade de vida nas explotacións gandeiras galegas.

Granxa O Cancelo: da teoría á práctica

No ano 2009 deuse un paso máis asumindo a xestión directa dunha granxa no concello de Miño (A Coruña). Así nace Granxa O Cancelo. O primeiro repto foi recuperar a producción de leite abandonada polos anteriores titulares, mais o obxectivo final é que sirva como centro de probas para cultivos, sistemas de manexo máis rendibles, adecuación e integración da producción agro- gandeira no seu contorno, formación de persoal técnico, mellora do benestar do gando e posta en marcha de novas liñas de negocio que permitan a creación e mantemento de postos de traballo no medio rural.

granxa

Así mesmo estase a traballar para ofertar tamén Xeado de crema Artesán “Granxa O Cancelo” feito con leite da nosa granxa e para distribuír a través da hosteleria e ao consumidor final. É por esto que tamén se decidiu apostar pola transformación e distribución dun producto con un sabor diferenciado e con garantía de calidade: o leite fresco pasteurizado. Pasteurízase o leite recén muxido na granxa e distribúese a través de máquinas expendedoras en mercados, pequenas tendas, panaderías, comunidades de veciñas/os.

elaborando xeadoAdemais da calidade do producto é un valor engadido a reducción de xeito considerábel do tempo entre producción e consumo. Se no caso do leite UHT o leite é consumido entre 21 e 60 días desde o seu muxido o leite Granxa O Cancelo chega ás casas no mesmo día ou ao día seguinte de ser muxido. A maiores redúcese o consumo enerxético no transporte pola proximidade do centro de producción ao centro de consumo. Importante é tamén a promoción do uso de envases reutilizabeis de xeito que se baixa a xeración de residuos nos fogares.

Cómpre resaltar que o manexo desenvolvido polo persoal técnico da CAP na Granxa O Cancelo está a permitir obter un leite con unha excelente calidade organoléptica e hixiénico sanitaria e garante a trazabilidade de principio a fin.

Proxecto divulgativo e formativo

Dentro do proxecto de recuperación da producción leiteira nesta granxa apostouse pola mellora no benestar do gando e o aproveitamento dos recursos forraxeiros propios. Mais tamén se considera de especial interese desenvolver un traballo de transmisión á sociedade da importancia do sector lácteo a nivel económico, social e medioambiental. Neste senso estase a traballar nunha “Aula de Divulgación do Sector Lácteo” para recibir visitas de escolares, consumidoras e consumidores.

visita escolarPreténdese con isto achegar os sectores consumidor e productor e dar a coñecer o funcionamento dunha granxa, cómo se alimenta o gando, onde descansa, cómo se muxe e cómo se transforma o leite. Servirá tamén esta granxa e a Aula como centro de formación continua para persoal técnico das explotacións e de asesoramento. Para iso organizaranse xornadas técnicas e divulgativas.

Aforro Enerxetico e Enerxías Renovables

Tanto na Granxa coma na Aula de Divulgación foron colocadas placas solares para quentar auga que logo se utilizará na limpeza de instalacións e circuitos. Tamén se fai un pre- arrefriado do leite no percorrido entra a sá de muxir e o tanque de refrixeración para, deste xeito, reducir o consumo de enerxía eléctrica.

Posto que unha das actividades principais da CAP é o asesoramento, toda a información recollida nestes proxectos será utilizada para aconsellar ás explotacións á hora de reducir os seus consumos enerxéticos, reducir os custes de producción e deste xeito incrementar os beneficios.

Servizo de Recría

A escaseza de man de obra para traballar nas explotacións gandeiras galegas da lugar a que se demande a externalización de servizos. Xa é habitual a contratación dos labores agrícolas, nomeadamente as colleitas, ou servizos de substitución para permitir libranzas e vacacións. O equipo de substitución da CAP está a prestar servizo a 15 explotacións e contémplase a súa ampliación ante a demanda existente.

dscn2844Á falta de man de obra xúntase a escaseza e mala distribución da superficie forraxeira en moitas comarcas gandeiras o que orixinou que fora preciso intensificar. Estas explotacións non sempre dispoñen de instalacións adecuadas e forraxe suficiente para atender as reses a recriar polo que empezaron a xurdir proxectos para recriar as novelas fora da explotación e devolvelas ás mesmas preñadas e a poucas semanas do parto.

Tamén na CAP se quere atender esta demanda e, en colaboración con outra entidade que dispón de instalacións e forraxes, estase a ofertar un servizo de recollida das xatas con poucas semanas para recrialas e devolvelas á explotación listas para empezar a producir. Todo isto a un prezo adecuado ás capacidades económicas das granxas. Aproveitarase tamén este proxecto para probar novas liñas de alimentación e manexo na recría que posteriormente se poidan aplicar nas granxas de leite galegas.

Conclusións

Os proxectos que desenvolve a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña son unha aposta real e efectiva polo sector lácteo galego.

Por unha banda estanse a prestar servizos para mellora os rendementos económicos das explotacións e a calidade de vida das persoas que nelas traballan (asesoramento, substitución, externalización da recría).Vacas pastando nunha explotacion galega

Así mesmo apóstase polo desenvolvemento de novas vías de transformación e comercialización que repercuten no achegamento de productos de calidade (leite e derivados) ás consumidoras e consumidores. Paralelamente redúcese o consumo enerxético e a xeración de residuos.

É evidente a creación de emprego de calidade e a recuperación da actividade económica nunha zona onde o abandono da actividade agraria estivo a propiciar a desatención da terra ou unha inapropiada reforestación.

En definitiva a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña está a desenvolver un labor de dignificación do traballo nas explotacións gandeiras e divulgación da importancia social e económica do sector lácteo na Galiza en xeral e no noso medio rural en particular.

TOP